11.12.09

Himno de Galicia

Letra do Himno de Galiza.

Os Pinos.

¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

Eduardo Pondal.

8.12.09

Traficando con dereitos.

A vivenda é un dereito, segundo a Constitución Española, ¿non sí?
Eu non entendo logo, como é posible que unha persoa poida posuir un montón de elas... o único que ten que ter... son cartos, polo tanto, os ricos son traficantes de dereitos.
O governo tiña que controlar estas cousas, xa que aos que non lles é posible mercar unha vivenda han de vivir de aluguer ou, mesmo como se está pondo de moda, ocupala.
Sería moi doado controlar que cada familia posuíra unha vivenda, facendo fácil achegarllas mediante o dereito que a Constitución recoñece. Pero só unha. Para cada familia que posuira máis de unha vivenda, crear un imposto que fixera inviable o seu mantemento, coma por exemplo pagar unha cantidade parecida aos alugueres no mercado actual. Seguramente sobrarían vivendas para todos os españois.
- ... Eso dílo porque tí non a tes... -diredes os que leades esto-
- Pois non, non a teño, e indígname pensar que moita xente traballa mesmo toda a familia para mercar unha vivenda e tamén traballarán os seus fillos nun futuro xa que a hipoteca irá mais aló da súa vida, mentras os que teñen cartos e vivendas de todos os días, ademáis da da praia e da dos fins de semana, teñen aínda cartos para traficar con dereitos mercardo outra vivenda mais para sacarlle diñeiro, ven especulando co seu prezo, mercando barato e vendendo caro ou para meter a uns inquilinos de aluguer que lla pagen.
-Chégavos a explicación?
-Aínda teño mais... o caso é que me estou pondo do lado dos que ocupan vivendas.... non sei, non sei.