13.11.13

Prestige

Once anos despois da catástrofe do afundimento do Prestige, ninguén é culpable... increíble. Neste país pódese contaminar e por en perigo a poboación, o mar e a natureza en xeral e sair indemne de todos os cargos. Non podo facer ningún comentario máis.

8.2.13

O inimigo Rosell

O xefe da patronal di hoxe que sobra a graxa do público, pero tamén sobran os traballadores. O seu é que traballemos moito pero en poucas horas, cobremos moito menos e non teñamos dereitos, así cando deixemos de traballar non teremos dereito ao paro e como a Enquisa de Poboación Activa tampouco vale aínda que estea recoñecida pola Unión Europea, haberá menos parados.
Se a situación laboral actual deste país aínda esta mal, aínda temos demasiados traballadores con moitos privilexios e demasiado poucos estafadores que branquexen o diñeiro negro con amnistías fiscais...
Xa sabemos que os funcionarios son os culpables desta situación, coa metade de policias habería menos delitos, coa metade de bombeiros menos lumes e coa metade de médicos menos enfermos. Pero non quero explicar como melloraría, que iso xa o entendemos todos os que sabemos ler e escribir, tamén culpa de funcionarios aínda peores, os mestres.
Os empresarios e o goberno foron á mesma escola, non me queda dúbida, á escola económica. Non saben que é un parado e os únicos dereitos que lles valen son aqueles que lles reportan algún beneficio económico. 
Pobriño Rosell, so ten diñeiro...