11.12.09

Himno de Galicia

Letra do Himno de Galiza.

Os Pinos.

¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

Eduardo Pondal.

8.12.09

Traficando con dereitos.

A vivenda é un dereito, segundo a Constitución Española, ¿non sí?
Eu non entendo logo, como é posible que unha persoa poida posuir un montón de elas... o único que ten que ter... son cartos, polo tanto, os ricos son traficantes de dereitos.
O governo tiña que controlar estas cousas, xa que aos que non lles é posible mercar unha vivenda han de vivir de aluguer ou, mesmo como se está pondo de moda, ocupala.
Sería moi doado controlar que cada familia posuíra unha vivenda, facendo fácil achegarllas mediante o dereito que a Constitución recoñece. Pero só unha. Para cada familia que posuira máis de unha vivenda, crear un imposto que fixera inviable o seu mantemento, coma por exemplo pagar unha cantidade parecida aos alugueres no mercado actual. Seguramente sobrarían vivendas para todos os españois.
- ... Eso dílo porque tí non a tes... -diredes os que leades esto-
- Pois non, non a teño, e indígname pensar que moita xente traballa mesmo toda a familia para mercar unha vivenda e tamén traballarán os seus fillos nun futuro xa que a hipoteca irá mais aló da súa vida, mentras os que teñen cartos e vivendas de todos os días, ademáis da da praia e da dos fins de semana, teñen aínda cartos para traficar con dereitos mercardo outra vivenda mais para sacarlle diñeiro, ven especulando co seu prezo, mercando barato e vendendo caro ou para meter a uns inquilinos de aluguer que lla pagen.
-Chégavos a explicación?
-Aínda teño mais... o caso é que me estou pondo do lado dos que ocupan vivendas.... non sei, non sei.

12.8.09

Faramontaos, Xinzo da Limia

Faramontaos, Concello de Xinzo de Limia. faramontaos-xinzodelimia.blogspot.com

Geographical coordinates in decimal degrees (WGS84) Latitude : 42.000 ; Longitude : -7.650

Geographical coordinates in degrees minutes seconds (WGS84) Latitude : 42 00' 00'' ; Longitude : -7 39' 00''

24.6.09

Conxuro da queimada

Mouchos, curuxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños,
espíritos das neboadas veigas.
Corvos, píntegas e meigas:
feitizos das menciñeiras.
Podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Ouveo do can, pregón da morte;
fuciño do sátiro e pé do coello.
Pecadora lingua da mala muller
casada cun home vello.
Averno de satán e belcebú,
lume dos cadáveres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernais cus,
muxido da mar embravecida.
Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan á xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.
Con este fol levantarei
as chamas deste lume
que asemella ao do Inferno,
e fuxirán as bruxas
a cabalo das súas vasoiras,
índose bañar na praia
das areas gordas.
¡Oíde, oíde! os ruxidos
que dan as que non poden
deixar de queimarse no augardente
quedando así purificadas.
E cando este beberaxe
baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males
da nosa alma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume,
a vós fago esta chamada:
se é verdade que tendes máis poder
que a humana xente,
eiquí e agora, facede que os espíritos
dos amigos que están fóra,
participen con nós desta Queimada.

A voltas co galego

Nacemos nun pobo, ou viñemos doutro ou, mesmamente saímos deste para ir a outro, da igual. Parece que agora temos que preguntar para saber, parece que os políticos non teñen os pés no chan, parece que veñen dun sitio descoñecido e non se fían dos que os votan, nin sequera dos seus colaboradores e asesores que, teñen que facer enquisas para saber de primeira man o que quere o pobo.
Resulta que non saben facer enquisas; bueno mellor... quero pensar que non saben porque se nón sería peor.
Preguntan sobre a metade que lle interesa e non lle fan caso ao que xa teñen claro, ou crén telo claro.
As enquisas contestaas quen quere e quen pode, mesmamente algún alumnado, só queren saber se da metade que se imparte en galego queren seguir co total, é decir, co mesmo 50% de agora mesmo ou se este 50% se reduce outro 50%, ou un 75% ou un 100%, xa que a outra metade, a que xa se imparte en castelán non tén dúbida, ésta metade impártese en castelán....
Está claro que esto está mal por eso hai que cambialo... e ademáis hai présa, por eso se realiza unha enquisa a tres días das vacacións do verán, é mais, as enquisas serán recollidas nunha boa parte dende que o alumnado está de vacacións....
Chegaremos algun día a facer un referendo para saber que idioma teremos que falar?, Non nos damos conta que cadaquén fala o idioma que lle da a gana? Non nos lembramos que non fai tanto algúns nomes eran Sangenjo ou El Ferrol del Caudillo, que por certo, unha grande parte da xente aínda o di algunhas veces....
Non teño problema. Que no lo quiten: Sempre ouvín decir que aquelo que non se pode ou non se debe facer é mais desexable... Será verdade? Igual me dan a oportunidade de lembralo.
Non se alegra o quen non pode, senón o quen non quere.

A Lagoa de Antela

A lagoa de Antela, entre os concellos de Xinzo de Limia, Sandiás, Rairiz de Veiga e Vilar de Barrio, mandouna desecar Franco para rematar coas enfermidades do lugar producidas “pola alta humidade existente” e para facer unha terra rica en cultivos: patacas.
Fai cincuenta anos que se desecou o mais grande lago de auga doce de España que tiña seis quilómetros de longo por sete de ancho: corenta e dous quilómetros cadrados de auga.
Os romanos xa intentaran secala antes e despois fracasaron mais intentos por convertela en terra de cultivo.
A día de hoxe a UE inviste millóns de euros na protección das zonas húmidas que son clave para preservar o medio ambiente e mesmamente o clima.
Mediado o século XX por fin lograron secala e converteuse nunha grande extensión para o cultivo de patacas. Agora invístense 18 millóns de euros (2006) en plans de regadío.
A natureza volveuse implacable cos que a maltrataron, un lugar (42 quilómetros cadrados) que agora está totalmente seco e necesita millóns de euros para que os cultivos previstos se poidan producir.
Coa seca cambiouse o ecosistema e agora non é o mesmo clima e a terra é pobre e non produce por si mesma.
Ademais de faltar a auga na primavera e no verán, moitos anos no outono e no inverno hai frecuentes inundacións. As patacas que alí se producen son moito mais caras que en calquera outro sitio ademais de dubidosa calidade.
A paisaxe non pode ser peor... centos de quilómetros de pistas agrícolas feitas con tiraliñas e nalgún treito unha fileira de árbores (chopos e, cando non, eucaliptos...).
Hai moita emigración na zona entre a xente nova. Algúns da zona de Rairiz de Veiga, na que non se fixo concentración parcelaria, apostan pola agricultura biolóxica coma futuro.
Actualmente a explotación areeira fai que moitas parcelas sexan escavadas e empecen a recuperar unha vez sacada a area, a auga que dende entón se bota de menos. Apenas significa un pequeno tanto por cento do que existiu fai sesenta anos. A Xunta de Galicia obriga a, unha vez rematada a explotación da parcela, non deixar barreiras que sexan unha trampa para os animais que puideran caer e afogar por non poder saíren. Os bordes deben ser en baixada e nunca en vertical.
Algunhas cegoñas xa volveron... esperemos que vaian a mais, as cegoñas e a lagoa.