29.5.14
13.11.13
Prestige
Once anos despois da catástrofe do afundimento do Prestige, ninguén é culpable... increíble. Neste país pódese contaminar e por en perigo a poboación, o mar e a natureza en xeral e sair indemne de todos os cargos. Non podo facer ningún comentario máis.
8.2.13
O inimigo Rosell
O xefe da patronal di hoxe que sobra a graxa do público, pero tamén sobran os traballadores. O seu é que traballemos moito pero en poucas horas, cobremos moito menos e non teñamos dereitos, así cando deixemos de traballar non teremos dereito ao paro e como a Enquisa de Poboación Activa tampouco vale aínda que estea recoñecida pola Unión Europea, haberá menos parados.
Se a situación laboral actual deste país aínda esta mal, aínda temos demasiados traballadores con moitos privilexios e demasiado poucos estafadores que branquexen o diñeiro negro con amnistías fiscais...
Xa sabemos que os funcionarios son os culpables desta situación, coa metade de policias habería menos delitos, coa metade de bombeiros menos lumes e coa metade de médicos menos enfermos. Pero non quero explicar como melloraría, que iso xa o entendemos todos os que sabemos ler e escribir, tamén culpa de funcionarios aínda peores, os mestres.
Os empresarios e o goberno foron á mesma escola, non me queda dúbida, á escola económica. Non saben que é un parado e os únicos dereitos que lles valen son aqueles que lles reportan algún beneficio económico.
Pobriño Rosell, so ten diñeiro...
Se a situación laboral actual deste país aínda esta mal, aínda temos demasiados traballadores con moitos privilexios e demasiado poucos estafadores que branquexen o diñeiro negro con amnistías fiscais...
Xa sabemos que os funcionarios son os culpables desta situación, coa metade de policias habería menos delitos, coa metade de bombeiros menos lumes e coa metade de médicos menos enfermos. Pero non quero explicar como melloraría, que iso xa o entendemos todos os que sabemos ler e escribir, tamén culpa de funcionarios aínda peores, os mestres.
Os empresarios e o goberno foron á mesma escola, non me queda dúbida, á escola económica. Non saben que é un parado e os únicos dereitos que lles valen son aqueles que lles reportan algún beneficio económico.
Pobriño Rosell, so ten diñeiro...
25.11.12
Decretazo galegófobo
O
Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dálle a razón á sociedade
galega e ás asociacións pola defensa do noso idioma, coma a
plataforma Queremos Galego contra o decretazo do galego, buque
insignia do Partido Popular de Galicia nas eleccións autonómicas do
2009 e declara ilegal a famosa enquisa aos pais, nais ou titores
legais no ensino de educación infantil.
Este
Tribunal admite que son contrarios a dereito dous dos artigos claves
do decretazo imposto polo PP contra o criterio de todos os
sindicatos, asociacións de pais e nais de Galicia e organizacións estudantís.
É
ilegal o artigo 5.2 sobre a consulta en educación infantil e afirma
que "a Administración non pode abdicar das súas responsabilidades" e
que "a elección da lingua no ensino fica fóra da esfera de elección
dos pais".
Tamén
é ilegal o artigo 12.3 xa que permitirlle ao alumnado a utilización
do castelán malia que o galego é a lingua na que se imparte a
materia, contradí aquel mandato porque non facilita a adquisición
da destreza esixida ao alumno na lingua propia desta Comunidade
Autónoma ao permitirlle que non fale ou escriba na lingua galega
sendo esta a propia da materia impartida.
Pode
consultar a sentenza na ligazón:
http://www.amesanl.org/gl/mediateca/dir/mediateca/Sentenza+Decretazo+contra+o+galego
Dende
aquí súmome á solicitude da plataforma Queremos Galego pedíndolle
á Xunta de Galicia para que retome o camiño do consenso para a
normalización lingüística do idioma galego, e persoalmente pídolle
que teña en conta que a maioría absoluta da que dispón na
lexislatura actual só representa un vinte e sete por cento dos
galegos con dereito a voto.
30.6.12
Sahara
O ano 1975 España, presionada polos intereses económicos e políticos de Estados Unidos de América e Francia cara Marrocos, abandoa á súa sorte ao pobo saharaui.
Arxelia déixalle unhas ducias de quilómetros cadrados para que se asenten tras a sinatura do plan de paz da ONU en 1991 lonxe dos seus asentamentos históricos e comprométese a que éste pobo decidira mediante un referendo se quere o dereito á autodeterminación.
Pasaron 37 anos dende que abanoamos este pobo e os políticos seguen mirando cara outro lado, polo que este ano os asistentes ao festival de cine que se celebra alí os últimos anos consensuaron o seguinte texto:
"Os invitados á novena edición do Festival Internacional de Cine do Sahara, despois de convivir unha semana con distintas familias do campo de refuxiados de Dajla, decidimos presentar este texto á sociedade civil. Sabemos que son centos os comunicados e manifestos redactados por esta causa ao longo dos anos. sabemos que son moitos os que cren que as palabras son cascas valeiras que leva o vento que que estes manifestos son un brinde ao sol destinados a non chegar a ningunga parte.
Sabemos que non son poucos os que cren que esta é unha causa perdida. Pero nós cremos distinto. Aprendemos dos saharauis que a dignidade non coñece prazos e que a loita pacífica deste pobo por voltar á súa terra non cesará ata que se lle devolva o que lles pertence por dereito.
Aprendemos das revoltas árabes que as palabras son chaves no motor da vontade e a vontade da xente unida pode tumbar réximes que parecían eternos.
Aprendemos que a vida dos pobos é máis longa que a dos disctadores que os oprimen. Por iso, se é necesario repetilo todo outra vez, repetirémolo outra vez, ou dúas, ou cen, ou mil ou as que sexan necesarias para prender na vontade da sociedade civil e mover esta montaña que sabemos que non é nin pode ser eterna.
Tras abandoar España a colonia que tiña no Sahara Occidental,
este país sufriu a ocupación de Marrocos ante a lacerante pasividade de España. A ocupación trouxo con ela unha violenta represión debaixo da que se agochaba unha vontade de xenocidio. Elo conduciu a unha guerra entre o pobo saharaui e Marrocos. Guerra que se prolongou durante 16 anos e
que se cerrou coa sinatura dun acordo entre as partes patrocidado por EE UU e as Nacións Unidas.
Nese acordo Marrocos comprometíase a celebar un referendo
no que os habitantes do Sáhara Occidental decidían sobre o seu futuro. Ese referendo non só non se chegou a celebrar, senón que os habitantes do Sahara ocupado sofren a diario a negación da súa identidade, a represión, o cárcere e innumerables torturas por loitar pola independencia do seu país.
O encarcelamento, as malleiras, as violacións e as desaparacións son, desgraciadamente, prácticas habituais. Por outro lado, os exiliados daquela ocupación levan 37 anos vivindo en campos de refuxiados en durísimas condicións.
Non nos diriximos aos gobernantes españois que, sexan da cor que sexan, apoiaron aos saharauis estando na oposición e abandoáronos ao chegar ao goberno. Nin tampouco aos responsables da MINURSO, a delegación da ONU para a celebración do referendo que mostraron unha pasividade criminal ante os constantes abusos aos dereitos humanos, nin tampouco ao goberno francés que se empeña en vetar unha e outra vez toda vía de presión a Marrocos, non xa para que cumpla cos seus compromisos, senón sequera para que abandoe a sistemática tortura e a represión deste pobo.
Dirixímonos sen embargo á sociedade civil española, francesa e internacional para que presionen aos seus gobernantes e institucións para resolver esta indignidade que se prolonga dende fai xa demasiado tempo.
Ten que celebrarse dunha vez por todas o referendo no Sahara Occidental. A ONU debe asumir a vixilancia no cumprimento dos dereitos humanos nos territorios ocupados antes de que o seguinte morto sea a mecha que obrigue aos saharauis a retomar un camiño, o da violencia, que nin eles mesmos desexan.
O Goberno español debe asumir as súas obrigas como estado descolonizador e situar a defensa dos dereitos humanos por enriba de calquera outro interese económico. Sabemos que nada moverán os gobernos se non son forzados polos seus cidadáns, e por iso é a éstes a quen nos diriximos,
para que pedra a pedra, palabra a palabra, xesto a xesto, se sumen á
nosa voz nesta demanda, nesta esixencia impostergable. Porque sabemos que a única loita que se perde é a loita que se abandoa."
Eu non miro para outro lado. E tí?
10.6.12
Traficantes de dereitos
Eses
marabillosos entes que nos prestan o diñeiro para mercar unha
vivenda recibirán cen mil millóns de euros da Unión Europea para
seren rescatados.
Considerando
que a data 1 de xaneiro de 2011 España posúe unha poboación de
47.190.493 habitantes (datos do INE) e nos van prestar
100.000.000.000 de Euros (en número impresiona máis), resulta que
tocamos a 2.119,07 Euros cada español, contando tamén os menores de
idade, estou falando de poboación total.
Terei
que devolver eu os meus dous mil cento dezanove euros e sete céntimos
mais os intereses que a UE lle presta aos bancos, aqueles dos que
ninguén se fía?
Prestaríanme
a min se estivera no paro unha destas entidades un crédito de dous
mil euros?
A
resposta nos dous casos é que non.
Hoxe
eses marabillosos entes teñen miles de vivendas nunha
hiperinmobiliaria, préstanlles unha millonada de euros que pagaremos
todos os españois, polo menos unha parte, pero eles non baixan o
prezo desas vivendas que teñen na súa propiedade das que unha parte
lles quitaron a quen non puido aboar a hipoteca e que hoxe están na
rúa. Esperan a outra burbulla inmobiliaria para vendelas?
Esta
pregunta prefiro non contestala... hai que deixar correr o tempo,
tic, tac, tic, tac, ...
O
dereito a unha vivenda digna ven recollido na Constitución Española
en vigor... isto é señoras e señores banqueiros e señoras e
señores políticos... isto é traficar con dereitos: son vostedes
traficantes de dereitos.
E
mentres tanto o noso querido Señor Presidente do Goberno diríxese a
Polonia a que o rescate a Selección Española de Fútbol que xoga
esta tarde, sen dar explicacións.
Non
sería mellor rescatar aos cidadáns para que poideran pagar as súas
hipotecas?
Non, que
iso non produce...
2.6.12
Don Carlos Dívar
O Señor Presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial e do Tribunal Supremo di que gastou en viaxes de fin de semana mixtos, medio públicos e medio privados, unha miseria, uns trece mil euros.
Señor Presidente, esa miseria é o que gaño eu en sete ou oito meses. E, como din os que están no paro, eu son agora un deses privilexiados que seguen traballando pese á crise.
Señor Presidente, eu non teño nada, vivo ao día co soldo que gaño cada mes, non teño piso nin hipoteca, nin sequera vivo nun piso de aluguer eu so, senón entre aluguer e medio aluguer, como Vostede diría, porque comparto piso con outro privilexiado do momento e nin sequera teño sitio no refrixerador para meter os alimentos que imos consumir un fin de semana de cada dous que pasa o meu fillo comigo.
Se quere vostede gañar cartos coido que debe ir a unha empresa privada, que ninguén lle obriga a ser Presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial e do Tribunal Supremo, polo que eu, humilde servidor lle pido que dimita, coido que servir ao cidadán non é sinónimo de enriquecemento económico.
Seguro que non lle falta traballo para gañar a vida doutra maneira, no ámbito privado e sen ter que dar explicacións.
A administración está para servir ao cidadán e non para o enriquecemento económico persoal dos que teñen coma min, a honra de traballar para eles, por iso eu traballo nese ámbito e non lle paso facturas os fins de semana, nin os públicos nin os privados.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)