Contáronme esta mañá que na cidade olívica puxeron unhos valos publicitarios dunhas máis que interesantes dimensións, do partido do alcalde actual, PSG - PSOE para máis sinais, no que aparece unha frase en galego: E o fixéchedes.
Encontrei o valo e pregúntome:
E quedarían satisfeitos?
Que digo eu que as normas están para cumprir, ou as da lingua galega son para incumprir?
Tamén digo que as axencias de publicidade podían respectar máis a lingua, ou a eles dalles igual?
E ademais, ao PS de G-PSOE tampouco lle importa se está ben ou mal escrito, total "todos hablamos castellano, ¿o no?"
Pois que respecten o galego, que é mellor facer pouco e ben que moito e mal, digo eu.
Outra posibilidade é que o grafen en castelán: "Y lo hicísteis", ou "Y lo conseguísteis".
So son dúas opcións.
Esas orellas, señores do PS de G - PSOE e da axencia de publicidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario