En España hai unha crise nunca vista,
baixanlles o soldo aos funcionarios, os parados chegan a case seis
millóns, quítaselles o aceso á sanidade aos inmigrantes, aos
xubilados fáiselles pagar unha parte dos medicamentos e ao resto
súbeselle o que teñen que pagar dun 40 a un 50 por centro, mesmo en
Cataluña teñen que pagar un euro por receita...
E que ven que estamos en Galicia.
Aquí como xa levamos toda a vida
recortando e moito mais os últimos tres anos, agora non temos que
cumprir co Real Decreto-Lei publicado o pasado venres no BOE, ese dos
recortes na sanidade e na educación. Xa non temos que incrementar o
repago nas menciñas e non incrementamos o número de alumnos por
aula.
Coido que perdín algo lendo no BOE,
algunha transitoria ou algunha amnistía que esclúa o territorio
galego do resto do Estado, mesmamente nos adheriron a Portugal ou nos
fixeron independentes e esquenceuselles publicalo no BOE. Mira que se
somos un país de verdade e medraron os membros da UE e ninguén se
deu conta.
Mágoa que siga medrando o paro, e iso
que o PP tiña a fórmula máxica que se gañaba as eleccións en
Galicia en tres meses habería pleno emprego. Gañounas e imos peor.
Ao pleno emprego é fácil chegar, iso
si, sen cobrar e sen cotizar. Con estas prestacións por desemprego
Señores Feijoo e Rajoy, con estas prestacións dicía, todas as
familias traballan sen cotizar. Quén non sabe colocar unha billa ou
un enchufe, ou mesmo levantar un valado. Pois calquera. Así se chega
ao pleno emprego. Agora enténdoo.
E aos que non lles gusta traballar sen
cotizar, eses xa emigraron ou están en Londres practicando o inglés
e servindo cafés, como dixo o conseller catalán.
Vente pa Galiza, que aquí non traballa
o que non quere, pero tes que estar disposto ao que faga falta,
agachar a cabeza e calar a boca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario